Asemblea sábado, 14 Xaneiro 2012

Saúdos,

Primeiro de todo desexarvos a todas e todos un feliz aninovo.

Despois e seguindo os acordos das asembleas anteriores, a Xunta
Directiva da Asociación de Usuarias/os das Hortas do Val de Feáns a través do seu presidente, convoca Asemblea Xeral Extraordinaria co fin de modificar o Regulamento
interno da asociación, para o sábado 14 de xaneiro pola tarde.
Xa tamén estamos obrigados a convocar nestas datas a Asemblea Xeral
Ordinaria, facémolo todo o mesmo día, tan só cambiando un pouco as
horas, e así minimizar as molestias ás e aos asociados.
Adxuntanse as dúas convocatorias.

– A Asemblea Ordinaria tén como principal fin aprobar a cota anual dos
socios.
– A Asemblea Extraordinaria debe pronunciarse sobre a proposta de modificación do
Regulamento que a Xunta Directiva presenta, proposta que haberá que
discutir punto a punto.
Segundo o que se aprobe, poderá haber unha cota por socio e unha
segunda cota para aqueles que teñan asignada unha horta: iso non quere
dicir que haxa que pagar máis, a suma das dúas cotas pode seguir sendo
vinte euros.
Adxúntase a proposta de modificación do Regulamento Interno.

Tamén adxuntamos neste correo a actual Lista de Espera, sen publicar os
apelidos, tan só as iniciais e unha parte dos correos electrónicos, para
preservar o anonimato no posible, pero permitindo que cada un poda
comprobar que está na lista.
A modificación do Regulamento non afectará á orde da actual Lista de
Espera, como moito pode afectar ás novas incorporacións e algún caso
concreto que haberá que falar na asemblea.

Calquera consulta se pode vehicular a través da lista de correo da
asociación ou tamén no blog da mesma.
https://hortasnacidade.wordpress.com/

vémonos o sábado 14 ás 16h30′.

pola Xunta Directiva
javier mortes

Anuncios
Esta entrada fue publicada en reunións. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Asemblea sábado, 14 Xaneiro 2012

  1. javier dijo:

    esta entrada es la copia del correo electrónico en el que se convocaban las asembleas ordinaria y extraordinaria para el sábado 14 de enero del 12, a partir de las 16h30′.
    el único dato que faltaba, y que en un principio no se puso en la convocatoria a falta de confirmación, era el lugar: será en el Centro Cívico de Feáns.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s