acta da Asemblea do 6 de novembro do 2010

Asemblea Xeral da Asociación cultural e de desenvolvemento rural de usuarias/os das hortas do val de Feáns.

Data: 6 de novembro de 2010
Lugar de celebración: Centro Cívico Novo Mesoiro
Inicio da Asemblea: 11:06

Queda constituida a mesa por las seguintes persoas
– Javier Mortes Arjona, Presidente
– Beatriz Sardón Gómez, Tesoureira
– Ricardo Ferreiro Sanjurjo, Vogal en funcions de secretario sustituindo a o titular según o artigo 22 dos estatutos

1- Información das xestións realizadas pola Xunta Directiva da Asociación:

– Xestions para a legalización da Asociación e inscripción no Rexistro de Asociacions da Xunta de Galicia, para obter o NIF e pedir a exención do IVE.

– Actualmente a asociación conta coa cesión, de forma gratuita, de tres leiras.

– Efectuouse una xornada de limpeza, e o arado e alisado posterior do terreo nas tres fincas mediante un tractorista contratado pola asociación.

– O Centro Cívico de Feáns cediu a asociación un armario con chave para gardar a documentación da asociación e un espazo no taboleiro de anuncios do centro.

– Se informa tamén de que a partires deste momento a lista de correos, a páxina web e ese taboleiro de anuncios serán os medios de comunicar coas asociadas e asociados.

– O Presidente e a Tesoureira explican os gastos da asociación ata o momento
Tasas da inclusión da Asociación no Rexistro da Xunta de Galicia: 38.35€
Tractor: 150€

Indícanse tamén o principal gasto previsto para un futuro inmediato: a división definitiva das parcelas.

Infórmase aos asistentes do número de Conta Corrente da Asociación:
Caixa Galicia, 2091-0039-68-3040014143 donde ingresar a cota anual

2- Acordos da Asemblea

A proposta do Presidente, e aprobado pola asemblea, decídese efectuar o marcado provisional con cañas e estacas das parcelas o sábado 13 de novembro.

Proponse a cota de 20€ anuais, o que é aprobado por unanimidade pola asemblea.

Dita cota será ingresada na Conta indicada poñendo como concepto o nome e apelidos do interesado que fai o ingreso. Dito ingreso é o que da dereito a entrar no sorteo de reparto das parcelas.

Unha vez feito o ingreso, aqueles interesados que non resulten agraciados cunha parcela poderán elexir entre:
– ir á lista de espera
– sair da asociación recuperando a cota de 20€

Infórmase de que existe aposibilidade de que o número de parcelas aumente.

Lémbrase que na lista inicial de interesados estaban apuntadas 85 persoas, o que en principio é un número moito maior das parcelas que estarán disponibles.

Esta lista é a que servirá de base para o sorteo: lémbrase que nas primeiras reunións acordouse que a participación se faría por UNIDADE FAMILIAR. E no listado de interesados indícase qué persoas pertencen á mesma familia, participando estas cun só número no sorteo.

Coméntase que os tamaños barallados para as parcelas foi de 25 a 50m2. Debido a ese número de interesados (85) estimouse que parcelas de 50m2, dado o terreo relativamente escaso que por agora foi cedido, farían que o número de hortas fora moi baixo, por eso actualmente se comezará con parcelas máis pequenas, de 25-30m2.

– Con acordó unánime abrese o plazo de inscrición (ingreso da cota) ata o xoves 18.

– O sábado 20 efectuarase o sorteo no exterior do Centro Cívico de Feáns.

– Coméntase que no caso de que o número de interesados que realicen o ingreso finalmente sexa igual ou menor ao número de parcelas disponibles o sorteo realizarase igualmente para determinar a quen corresponde cada parcela.

Un dos interesados comenta que vé importante dispoñer dunha caseta para gardar as ferramentas. Discútese o interese da proposta e as posibilidades de obter un espazo para dito fin (no Centro Cïvico de Feáns, no de Mesoiro ou incluso en casas particulares de vecinos), óptase por posponer este tema para máis adiante.

Un dos interesados pregunta con qué tipo de asesoramento podemos contar. Marisa, veciña de Feáns e membro activo da Asociación de Veciños de Feáns ofrécese para dar asesoramenteo e para falar coas mulleres que participan nas actividades do CC Feáns para que nos axuden nese aspecto. A proposta é moi ben acollida polos interesados.

Un dos interesados pregunta se o tipo de cultivos será ecolóxico. O Presidente resposta que así é, e así se recolle nos estatutos da Asociación. Coméntanse tamén diversas alternativas para facer compostaxe.

As 11:59 péchase a sesión.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en presentación. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s