Xornadas, mes de xuño.

Sentimos o retraso en colgar esta actualización.

Hola xente.
Despois de estos meses de traballo por parte da xunta directiva para
concretar toda unha serie de temas, xa é hora de comezar a vernos as
caras e empurrar o proxecto entre tod*s.

Co afán de ir traballando sobre a nosa iniciativa, agora que as cousas
comezan a tomar forma a nivel burocrático e organizativo (coa cesión
definitiva dos terrenos por parte dos propietarios), e sendo
conscientes de que necesitamos preparación, autoformación e
coñecementos en moitos ámbitos; dende a asociación, e xunto a outros
colectivos e iniciativas afíns da cidade, estamos a organizar unhas
xornadas de nome: “A crise como escenario: loita social, alternativas
razonables e dereito á cidade”.
Ditas xornadas pretenden ser un espazo de autoformación, encontro e
debate sobre iniciativas como a nosa, que tratan de debuxar outra
cidade máis lóxica e sustentable da que estamos a vivir.

Para traballar sobre isto esto pensamos en 3 bloques temáticos:
1/Decrecimiento como disminución articulada do consumo e da producción
precisa para manter un equilibrio entre os ecosistemas humanos e os
bens comúns a nivel global e local.
2/Economías alternativas ou solidarias, como novas formas de
organización económica, que rompen as lóxicas de lucro e especulación
do capitalismo.
3/Soberanía alimentaria como fractura coa actual organización
globalizada dos mercados agrícolas e como alternativa de autonomía
local e xustiza social.

O cartel co programa máis concreto (datas, horas e ponentes) e un
texto explicativo máis desarrollado, van en adxunto.

A idea sería que as dúas primeiras xornadas serviran como marco
teórico á terceira (soberanía alimentaria) na que, axudados por
Enrique Banet, nos meteríamos máis en profundidade en asuntos
referentes ás hortas, (cultivos, distribución, sistemas…), todo esto
in situ, nas propias hortas que xa temos neste momento.
Por outra banda, dita xornada valería como acto de confraternización e
para elaborar unha lista definitiva das persoas interesadas en seguir
adiante coa iniciativa.
Co fin de facer a xornada (26 Xuño) máis levadeira e ao mesmo tempo
máis proveitosa sería interesante que o xantar fose comunitario (ao
estilo dos picnics polo decrecimento que se están a organizar por todo
o planeta [http://picnic4degrowth.net.)
A organización de dito xantar xa a comentaremos máis polo miúdo pero
se alguén quixese apuntarse nun grupo de traballo que se ocupara de
organizalo sería estupendo.

E máis nada.
Este martes no C.S. Atreu! (rúas San Xosé 2 baixo, en Monte Alto), ás
20:00 Carlos Taibo falaranos de decrecemento.

Jornadas Autoformaçom

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s