Xornada de inauguración en Feáns

O pasado sábado 28 tivo lugar unha xornada de visita ó Val de Feáns no que se convocou ás persoas interesadas en participar na iniciativa Hortas na cidade dos barrios. A intención foi que a xente da cidade coñecese a realidade e o potencial da zona, así como propicia-lo contacto entre eles e os veciños de Feáns.

As actividades comezaron cun roteiro guiado polos propios veciños, que, partindo do Centro Cívico ás 12:00, percorreu o val. Durante o mesmo, visitáronse as leiras que están dispoñibles para o cultivo, e levouse a cabo un acto de inauguración dunha caseta de apeiros que tamén actuará como punto de información da iniciativa.

A mañá rematou coa celebración dun xantar comunitario ás 14:00, na que tanto veciños coma visitantes puideron saborear un bo caldo cociñado con produtos do Val de Feáns.

Para este mércores 2 de decembro, ás 19:00, está convocada unha nova reunión no Centro Cívico de Feáns na que poderán participara tódalas persoas interesadas (de Feáns e do resto da cidade) ; falaremos máis polo miúdo dos procedementos a seguir para formaliza-la súa participación na iniciativa e das actividades formativas que se están proxectando desenvolver ligadas á mesma.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en reunións. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s