Presentación da iniciativa Hortas na cidade dos barrios no Fórum Metropolitano

Hoxe xoves 26, a partir das 19:30 horas, terá lugar unha charla informativa no auditorio do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos 1) na que o colectivo de arquitectos “desescribir” presentará a iniciativa Hortas na cidade dos barrios (https://hortasnacidade.wordpress.com/) a tódalas persoas da cidade que podan estar interesadas en participar na mesma.

 

Explicarase o interese existente na recuperación de antigas hortas e terreos na actualidade abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso e contribuír así á súa axeitada conservación e mantemento. Explicaranse mecanismos de xestión para que propietarios de terras na actualidade sen uso as podan ceder ou alugar a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en as traballar como hortas e cultivos. Deste xeito preténdense tamén explorar alternativas de futuro para as áreas rurais de A Coruña.

Despois dun primeiro encontro o pasado sábado 21 cos habitantes de Feáns, da boa acollida que tivo a proposta e de que algúns dos veciños mostrasen interese en tomar parte da iniciativa, convócase a reunión no Fórum Metropolitano para coñece-la demanda e interese que poda existir entre posibles usuarios destas hortas urbanas.

 

Para o sábado 28 de Novembro está convocada unha xornada de visita ó Val de Feáns. As actividades comezarán cun roteiro guiado que, partindo do Centro Cívico de Feáns ás 12:00, percorrerá a zona. Seguirá ó mesmo un acto de inauguración dunha caseta de apeiros/punto de información da iniciativa e celebrarase unha comida comunitaria. Estes actos, abertos tanto a veciños como a visitantes, continuarán pola tarde.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en reunións. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s